TAPIAS ASISTE A INAUGURACIÓN DA XXIV FEIRA INTERNACIONAL DE PRODUTOS DO MAR CONXELADOS
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu no Instituto Feiral de Vigo á inauguración da XXIV Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), que se celebra en Vigo entre hoxe e o vindeiro xoves 5 de outubro. No acto estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como outras autoridades e os membros da xunta directiva da Asociación Conxemar.



