TAPIAS ACOMPAÑA AOS VECIÑOS DE BEADE NA XXV FESTA DOS CALLOS

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu no Parque de Castrelos ao arranque da 40 Marcha Aspanaex, que promove esta asociación viguesa para visibilizar a situación das persoas con discapacidade intelectual e para recaudar fondos cos que seguir financiando os seus servizos e programas.

Na súa intervención, Fernández-Tapias, agradeceu a resposta cidadá “á chamada de solidariedade” que realiza Aspanaex e destacou o “excepcional labor” diario deste colectivo en apoio de nenos e adultos con discapacidade intelectual desde hai 60 anos “que contribúe a construír unha mellor sociedade”. “Queremos –dixo- un mundo responsable, comprometido e implicado coa plena inclusión, e sabemos que soamente o conseguiremos se camiñamos todos xuntos e unidos”.

A vicepresidenta quixo amosar o “firme apoio” da Deputación de Pontevedra ao proxecto integral que desenvolve Aspanaex no marco da acción social que promove a institución provincial e animou aos presentes a desfrutar desta marcha de seis quilómetros de solidariedade polas rúas de Vigo.

Xunto a representante provincial  participaron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, así como outros cargos do PP na cidade.