TAPIAS E LETE ASISTEN AO TORNEO FRANCISCO AMOEDO CIDADE DE VIGO DE BOXEO
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiron esta tarde no frontón do Complexo Deportivo das Travesas ao Torneo Francisco Amoedo Cidade de Vigo organizado pola Federación Galega de Boxeo.
No encontro, no que participaron os mellores boxeadores do panorama galego, disputouse o Cinto Galego Neoprofesional e mais outros tres combates neoprofesionais e seis amateur. A representante provincial e o secretario xeral estiveron acompañados por Francisco Amoedo e Manolo Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo.