ANA ORTIZ DESTACA O LABOR SOCIAL DA II REGATA INCLUSIVA “VIGO A VELA”
A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este domingo na entrega de premios da segunda edición da proba náutica
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes o labor que realiza a II Regata Inclusiva “Vigo a Vela”para achegar o mar ás persoas con discapacidade. Así o fixo durante a entrega de premios da segunda edición da proba que contou con preto dun centenar de participantes.
A regata celebrouse na ría de Vigo cun percorrido a vela no que participaron persoas con diferentes discapacidades. Na clausura da proba, ademais da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, participaron Diego Maraña, CEO de Mundinova; Laura Moya, socia fundadora de Sailway; e representantes do Real Club Náutico de Vigo e Asdegal.