MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS SUBLIÑA A FIRME APOSTA DO GOBERNO PROVINCIAL POLA PROMOCIÓN DO DEPORTE EN VIGO

A vicepresidenta reúnese na sede de Vigo con clubs deportivos da cidade que participan en competicións de ámbito inferior a estatal e que se benefician dun total de 156.127 € de recursos da Deputación. “A nosa aposta polo deporte non é soamente unha simple declaración de intencións. É unha realidade”, afirmou Fernández-Tapias

En Vigo reciben estas axudas 123 clubs que se suman a outras 163 entidades do sur da provincia que recibirán outros preto de 200.000 € da Deputación para facer fronte a gastos federativos, de desprazamentos, de persoal, sanitarios ou de material para participar en competicións

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de manter unha xuntanza con clubs deportivos da cidade que participan en competicións de ámbito inferior a estatal e que se benefician dun total de 156.127€ de recursos da Deputación. “A nosa aposta polo deporte non é soamente unha simple declaración de intencións. É unha realidade” afirmou Fernández-Tapias durante o acto no que detallou que en Vigo reciben estas axudas 123 clubs que se suman a outras 163 entidades do sur da provincia que se beneficiarán doutros preto de 200.000 € da Deputación para facer fronte a gastos federativos, de desprazamentos, de persoal, sanitarios ou de material para participar en competicións.

“Non imos escatimar recursos para o deporte”, informou a vicepresidenta que avanzou que, no 2024, o orzamento provincial neste ámbito ascenderá a 9,5 millóns de euros, un 20% máis que este ano, con 5,5 millóns destinados a partidas específicas para o fomento do deporte e outros 4 millóns para o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Duplicamos –engadiu- os recursos para converter á provincia en escenario de grandes eventos deportivos, pasando dos 640.000 destinados a este fin este ano aos máis de 1,2 millóns de euros que investiremos no 2024”. Amais, e na parte que abrangue directamente aos clubs deportivos, a vicepresidenta adiantou que os clubs de elite da provincia e o deporte de competición federado e preferente contará no 2024 con máis de 1,3 millóns de euros, cun crecemento do 4% na partida destinada ao deporte federado e do 14% na destinada a deportistas de alto nivel e olímpicos.

No concello de Vigo son 123 os clubs beneficiados das axudas para participar en competicións de ámbito inferior a estatal, que se repartirán 156.127€. Entre eles, figuran os clubs Peña Trevinca, Judo Club Galicia Sur, Club Peñasco, Club Deportivo Flic Flac, Colegio Hogar San Roque; Club Baloncesto Salesianos, Montañeiros Celtas, Seis do Nadal Balonmán; Comesaña Sporting Club, Rápido de Pereiro; Vigo Rugby Club; Terra dos Mares; Club Polideportivo Alertanavia; Club Deportivo La Guía; Arenas de Alcabre Sociedad Cultural Deportiva; Club Deportivo do Colexio Mariano; Escuela Kiap; Club Deportivo Coia; Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida; AD Centro Budo-Castrelos; Club de Bádminton Cíes; Comesaña Sporting Club ou Club Novo Básket Vigo entre outros.

En Redondela contarán con estas achegas 20 clubs. Suman 24.339€ e beneficiarán ao Círculo Cultural Recreativo de Chapela; Club Nenos da Coca; Club Atlético Deportivo Villar; Club Billar na Lúa; Club Petanca San Xoán; Sociedade de Cazadores Cazarco; Club de Tenis Redondela; Club de Natación Redondela; Peña Cultural e Deportiva Blanco e Negro; Asociación Deportiva Car; CBF As Choqueiras; Campito FS; Club Patinaxe Artístico Arealonga de Chapela; Liavi Kick Boxing Club; Grupo Casa Paco 81; Arealonga FS Chapela; Club Baloncesto Redondela; CD Balonmán Chapela; Club Patinaxe Artístico Bolboreta-Redondela e o Chapela Club de Fútbol.

E no caso de Gondomar, as axudas suman 18.619€ e irán a parar a 19 entidades: o Club de Bolos A Xunqueira; Club de Bolos San Miguel de Peitieiros; Club A Toxeira; Club de Bolos Peitieiros; Mr Bikes; Club Ciclista de Gondomar; Sociedade de Bolos San Vicente de Mañufe; Club Deportivo Vincios; Club Vincios Fútbol Sala; Club Ciclista Osdosacho; Club de Bolos Gondomar; Club de Bolos San Cibrán; Sociedade de Caza e Pesca a Gondomariense; Club Laroca; Club de Fútbol Deportivo Chaín; Patinaxe Artística Gondomar; Sociedade Atlética Val Miñor; Gondomar CF e Gondomar Fútbol Base.

Por outra banda, en Tui son 15 as entidades que contarán con axudas por importe de 20.671€. Trátase do Club de Xadrez Infortui; Club Ciclista de la Fuente; Sociedade de Caza Tudense; Club Náutico Inclusivo Baixo Miño; Club de Patinaxe Artístico Ribex; Clube de Atletismo Tui; CD Ribadelouro; Club Deportivo Tui Fútbol Sala; Sociedade Deportiva Tui; Club Náutico San Telmo; Club Deportivo Caldelas; Tyde FC; Club Bádminton de Tui e a Quinta de Tui Futsal.

En Nigrán terán achegas 14 clubs por 16.306€, dos que seis son de bolos: Sociedade Deportiva de Bolos O Cean; San Roque; Santiago de Parada; Club Bolos Camos; o Santa Eulalia e o Unión Polideportiva Bolos da Carrasca. O resto repártense entre o Club de Tenis Nigrán; a Sociedade Deportiva Abetos Fútbol Sala; o Club de Tenis A Tobeira; o Acroclub Nigrán; a Unión Recreativa Empleados de la Caja; o Club Baloncesto Nigrán; o Club Racing Vilariño e a Escola Deportiva Valmiñor.

En Mos as axudas, por 7.903€,  distribuiranse entre o Centro Cultural Deportivo As Pedriñas; Agrupación de Patinaxe Xiramos; Escuela Deportiva Lar; Santiaguiño de Guizán CD; Club Deportivo Alerta Sanguiñeda; Asociación CP A Rosaleira; Club Xadrez Mos; Club de Natación de Mos e o Club Hípico San Cosme. Ademais, en A Guarda o ADC Bogavante; o Club Ciclista In Situ; o Club de Petanca O Caldeiro; Club Unión Deportiva Guardesa; Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani; Club de Tenis Codesal; Asociación Cultura Deportiva Albatros e o Club de Judo Baixo Miño repartiranse achegas por 7.900€.

Ademais, en Salceda de Caselas o Club Ciclista Aragonta; o Club Baloncesto Caselas; o Club Caselas FC; Sociedade Caza e Pesca Caselas; Club de Balonmán Caselas; Club Bádminton Caselas; Escolas Deportivas Municipais e a Escola de Fútbol DSF contarán con axudas que suman 11.369€. No que se refire a Soutomaior, recibirán achegas o Club Lume nus Cus; a Sociedade Caza A Peneda; Arcadia Escola de Fútbol; a Asociación Deportiva Tenis e Padel Soutomaior; Club Deportivo Arcade; Club Deportivo Soutomaior e o Kickboxing Club Arcade.

Por outra banda, en Baiona contarán con achegas os clubs de bolos A Rega, Belesar Urgal, Portamean, Medialdea e Estivada, así como o Baredo Birlos Club e o Club Baloncesto Baiona, cun investimento total de 6.215€, mentres que en Tomiño se beneficiarán o Club Arco do Trasno; o Tebra FC; o Club Bádminton Tomiño; a Sociedade Atlética do Trega; o Spartan Team; a Sociedade de Caza A Tomiñesa e o Goián FC, con achegas que suman 6.536€. E, no Rosal, a Deputación repartirá 4.640€ en achegas entre o Club 28 Gramos Baixo Miño; Club Ciclista O Rosal; Sociedad de Caza La Rosaleña e o Club Unión Deportiva Ribera.

No concello de Fornelos, son catro os clubs que se distribuirán achegas por un total de 2.749€. Trátase da Asociación Deportiva Fornelos de Montes; a Sociedade de Cazadores de Traspielas; a Sociedade Deportiva de Caza e Pesca da Laxe e a Sociedade Deportiva de Cazadores A Fornelense. Tamén en Salvaterra, repartiranse 2.794€ en achegas para o Club de Petanca O Condado; Escudería Surco e o Club de Patinaxe Artística O Condado.

Ademais, nas Neves recibirán axudas por un total de 2.85€ o Club Cornelios, o Fútbol Sala As Neves e o Nieves Fútbol Club e, en Oia a Sociedade de Caza Coto Mougas, o Club Deportivo Veteranos de Mougas e o Oiense CF Santa María contarán con achegas que suman en conxunto 1.946€.

Na Cañiza recibirán axudas por 2.347€ o Grupeta Pan de Zarko e o CF A Cañiza e, en Covelo, a Sociedade de Caza A Covelense e a Asociación de Cazadores Coto Suido tamén contarán con achegas por 1.510€. Por outra banda, en Mondariz beneficiaranse a Sociedade de Caza La Mondarizana e o Mondariz Club de Fútbol, con axudas que suman 2.602€.

En Crecente, a Sociedade de Caza San Pedro e o Club Sports Time tamén se beneficiarán das achegas deportivas, que suman un total de 1.699€. E por último, o Porriño Bádminton Club e o Club Patín Porriño contarán con achegas que suman un total de 1.806€.

Por outra banda, tres entidades do Porriño, (Porriño Industrial FC, Club Deportivo Pontellas e Asociación Cultural Deportiva Atios), outras dúas entidades de Ponteareas, o Club Cultural de Areas e Sociedad Deportiva Juvenil de Puenteareas e unha de Vigo, Club Deportivo Valladares, recibirán achegas por un total de 29.352€ para participar en competicións de fútbol preferente Galicia grupo Sur.

En total, son 620.000 euros os recursos mobilizados pola Deputación de Pontevedra para seguir a impulsar o tecido deportivo da provincia. Desta contía, 575.000 euros diríxese a 480 clubs de 54 concellos da provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal en deportes como fútbol, balonmán ou baloncesto, ata ciclismo ou motociclismo, pesca deportiva, esgrima, bádminton, rugby, xadrez, ximnasia rítmica, atletismo, tenis e tenis de mesa, natación, hípica, patinaxe, baile deportivo, padel, squash, montañismo, karate, kung fu, loita, judo, taekwondo, caza, bolos, petanca, halterofilia, boxeo, hóckey, pesca submarina ou esquí náutico. Pola súa banda 43.000 euros van dirixidos a 9 clubs de fútbol de 6 concellos que compiten no grupo Sur da liga Preferente de Galicia.