FERNÁNDEZ-TAPIAS E ORTIZ PARTICIPAN NA PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DA GASTRO MOVIDA
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe na presentación da segunda edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o 19 e o 21 de novembro a profesionais do sector gastronómico.
Na súa intervención, a responsable provincial de Vigo e a súa área de influencia, lembrou que a cidade ten “o mellor produto que existe e os chefs con máis talento. Son os ingredientes perfectos para que a cidade mostre o seu potencial e, ao mesmo tempo, se promocione como destino turístico”. A vicepresidenta provincialremarcou que “Gastro Movida é a panca perfecta para difundir contidos de valor da industria da gastronomía, e por iso desde a Deputación temos clara a importancia de apoiar e estar presentes en eventos como este, que fan que Pontevedra vaia a máis”.