FERNÁNDEZ-TAPIAS ENTREGA UN AGASALLO AOS AVÓS HOMENAXEADOS ESTE ANO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE AS CANDELAS DE CASTRELOS

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, aproveitou hoxe a súa participación na festividade de As Candelas de Castrelos para entregar un agasallo aos avós da parroquia homenaxeados este ano pola comisión de festas.

Así, a representante autonómica visitou este mércores os domicilios de Herminia Docampo e Antonio Pujales. No caso da primeira, recentemente falecida, Fernández-Tapias fixo entrega do detalle as súas fillas.