FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NOS ACTOS DA FESTIVIDADE DE SAN BLAS NA PARROQUIA VIGUESA DE BEMBRIVE

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata a parroquia viguesa de Bembrive para participar nos actos  organizados pola comisión de festas de San Blas.

A representante autonómica tivo oportunidade de visitar os postos de artesanía e rosquillas localizados na Alameda do Torreiro, fronte ao centro cultural Helios, e compartir unha xornada festiva cos veciños de Bembrive.