FERNÁNDEZ-TAPIAS ENTREGA OS PREMIOS DA COPA DE ESPAÑA DE MOTOS ACUÁTICAS – TROFEO XACOBEO 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este sábado na entrega de premios da Copa de España de Motos Acuáticas – Trofeo Xacobeo 21-22 nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo. A proba disputouse en aguas da ría e estivo organizada pola Real Federación Gallega de Motonáutica baixo o patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Plan Xacobeo 21-22.