FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA SEXTA EDICIÓN DA INICIATIVA “XUNTANZA DISCAPACIQUAD” ORGANIZADA POR APAMP EN NAVIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este sábado na VI Xuntanza Discapaciquad que organizan a AAVV Novo Vigo e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) co apoio do Goberno galego. O evento tivo lugar na rúa Pedra Seixa do barrio vigués de Navia en horario de 10:00 a 18:00 horas.

A actividade principal estivo destinada a un paseo en vehículos Atv`s de dúas prazas e boogies, durante un percorrido aproximado de tres kilómetros. No percorrido houbo unha gincana de obstáculos na que tiveron que atravesar un balancín metálico, un foso con auga, xogos de puntería e habilidade, ata dirixirse o punto de remate do percorrido onde se fixo o cambio cun novo participante.