A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste no Museo do Mar á inauguración da exposición “Contra vento e marea. A mariña mercante en Galicia, 1750-2000”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde, xunto co deputado provincial Jorge Cubela, á inauguración da exposición “Contra vento e marea. A mariña mercante en Galicia, 1750-2000”. A mostra, que foi inaugurada polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, e o conservador e comisario da exposición, Vicente Caramés, amosa unha parte da tradición e cultura galega que ata o momento non estaba representada no Museo do Mar: o comercio e o intercambio de produtos por mar, é dicir, a mariña mercante.