A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa nos actos de homenaxe a Villalta na vila de Bouzas

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, achegouse este venres 17 de maio á vila de Bouzas para conmemorar xunto aos veciños de Vigo o Día das Letras Galegas, que este 2024 está dedicado á poeta e ensaísta Luísa Villalta. A representante provincial participou nos actos organizados pola Asociación Cultural Vila de Bouzas con motivo desta efeméride, desfrutando da actuación de Ardelume de Baíña e Baile e pandeiretas Atlántida.