A delegada da Xunta en Vigo celebra o Día das Letras Galegas co alumnado do CEIP. Illas Cíes

Ana Ortiz asistiu este xoves ás actividades organizadas polo centro educativo vigués para homenaxear a Luísa Villalta

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este xoves o CEIP Illas Cíes para asistir ás actividades organizadas polo centro educativo vigués en homenaxe a Luísa Villalta, a quen está adicado este ano o Día das Letras Galegas. Os representantes autonómicos celebraron a xornada co alumnado, que interpretou textos da creadora literaria, representou pezas teatrais e que tamén entoou “A Oliveira dos Cen Anos”, o novo himno do Celta para o seu centenario.