Ana Ortiz recibe á directiva da Irmandande Cultural e Social San Roque de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo esta semana un encontro coa directiva da Irmandade Cultura e Social San Roque de Vigo. A representante autonómica reunise coa presidenta e a vicepresidenta do colectivo, Ana Caride e Teresa Pérez, para coñecer os preparativos da popular romaría que se celebrará o vindeiro mes de agosto no barrio vigués.