TAPIAS PARTICIPA NA XI CARREIRA SOLIDARIA «EU MÓVOME POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE»
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á XI carreira solidaria “Eu móvome pola esclerose múltiple” organizada por AVEMPO. A vicepresidenta primeira agradeceu a asociación “polo seu gran labor para acompañar as persoas que padecen a esclerose múltiple” e a toda a veciñanza da cidade e a provincia “que acudiron a esta chamada. Esta cidade nunca queda atrás á hora de demostrar a súa solidariedade”. Fernández-Tapias lembrou que os beneficios sufragarán os servizos que presta a entidade, “moi necesarios para que os pacientes poidan facer fronte á súa convivencia diaria con esta doenza”. Por iso, asegurou a vicepresidenta primeira da Deputación, “síntome moi orgullosa da nosa xente, a que se dedica en corpo e alma a axudar e a que coa súa participación nesta carreira insufla de vida á entidade para que poida seguir desenvolvendo a súa actividade”.