TAPIAS PARTICIPA NA REUNIÓN DO PADROADO DO IFEVI

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta mañá á sesión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo IFEVI. Na xuntanza tamén participaron entre os seus membros, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e a directora Xeral de Admnistracións Local, Natalia Prieto.