TAPIAS PARTICIPA NA ENTREGA DE PREMIOS DE LA21 MEDIA MARATÓN DE VIGO
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou no acto de entrega de premios de La21 Media Maratón de Vigo, que tivo lugar nas instalacións do Club Náutico. Na súa intervención, Fernández-Tapias destacou que esta proba, que cumpriu neste 2023 o seu 25 aniversario, “referencia a Vigo como unha cita imprescindible desta distancia” e quixo incidir en que “une a toda a cidade e a todos os que disfrutan co atletismo, teñan a idade que teñan e sexan ou non federados”.
Tras felicitar aos gañadores e a todos os participantes, a vicepresidenta reiterou o firme compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte como un dos seus eixos de acción fundamentais: “Impulsaremos e apoiaremos competicións como esta, que tanto axudan a construír, entre todos, máis provincia”.