TAPIAS DA A COÑECER O PRIMEIRO PREMIO DO CERTAME «VIGO HISTÓRICO»

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de participar na sede da Asociación Évame Oroza en Vigo no acto para dar a coñecer os novos gañadores do certame “Vigo histórico”.

Un certame que, en palabras da vicepresidenta, “acada a súa simbólica décima edición convertido en todo un referente non só nesta provincia e Galicia, senón tamén fóra da nosa comunidade”. Fernández-Tapias felicitou a Editorial Elvira por ter posto en marcha este concurso, no que participaron 200 persoas do conxunto de España, de Europa e América, e tamén os gañadores, Paula Palacios e Juan Portabales, que recibirán os seus premios nunha gala a finais de novembro xunto a Gloria Fernández, Fátima González, Andrea Peiteado e Alejandro Hernández que obtiveron os accésit do certame.

Ademais, a vicepresidenta aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da institución provincial coa cultura destacando que “é un deber impulsar e promover as letras, os autores, os novos creadores e as súas múltiples manifestacións e entidades. A cultura referéncianos en todo o mundo”.