TAPIAS AMOSA O APOIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á LA21 MEDIA MARATÓN DE VIGO
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na presentación da La21 Media Maratón de Vigo, que se celebrará o 5 de novembro na cidade olívica.
Na súa intervención, Fernández-Tapias felicitou á organización por este evento, que neste 2023 cumpre a súa 25 edición, e subliñou que “é especial para esta cidade” e “transcende o meramente deportivo”. “É incríble –sinalou- ver as rúas tomadas por atletas que ademáis de desfrutar do seu deporte tamén o fan dun percorrido envidiable, que amosa o mellor de Vigo”.
A vicepresidenta lembrou que “o deporte é saúde, valores e compromiso, pero tamén promoción do noso territorio e dinamización económica” e amosou o apoio da institución provincial a esta proba, “que ten conseguido referenciar a Vigo”, e ao deporte “como un dos eixos de acción máis importantes neste mandato”.