TAPIAS ACOMPAÑA AOS VECIÑOS DE TEIS NA CELEBRACIÓN DA SÚA XVI FESTA VECIÑAL

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á XVI Festa Veciñal de Teis na Praza da ETEA de Vigo. Na súa intervención, Fernández-Tapias felicitou á Asociación Veciñal pola celebración deste evento que durante dúas xornadas de convivencia enche “e pon en valor” esta praza, cunha programación de actividades lúdicas e culturais.

Así mesmo, a vicepresidenta amosou o compromiso da institución provincial coa veciñanza do histórico barrio e coa asociación, “á que apoiaremos sempre no seu labor por impulsar Teis”.  Tamén estiveron a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e os concelleiros do grupo municipal do PP de Vigo.