OS DELEGADOS DA XUNTA EN VIGO E PONTEVEDRA PARTICIPAN EN TUI NA CONMEMORACIÓN DO 180 ANIVERSARIO DA GARDA CIVIL
Os delegados da Xunta de Galicia en Vigo e Pontevedra, Ana Ortiz e Agustín Reguera, participaron este luns nos actos conmemorativos do 180 aniversario da Garda Civil que se celebraron en Tui. Durante o evento, no que se deu lectura aos decretos fundacionais do Corpo da Garda Civil en 1844, procedeuse á imposición de condecoracións, así como á entrega de placas conmemorativas ao persoal que pasou á reserva e retirado.