Luisa Sánchez celebra o éxito da proposta da Deputación para que o Real Club Celta de Vigo sexa distinguido co Premio Cultura Galega de Proxección Exterior
A vicepresidenta provincial salienta a mestría coa que o club vigués e o artista C. Tangana “traspasaron fronteiras” convertendo A Oliveira dos Cen Anos na alma do celtismo
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, celebrou o éxito da proposta do Goberno provincial para que o Real Club Celta de Vigo fora distinguido co Premio Cultura Galega de Proxección Exterior após de que a Xunta de Galicia fixera público onte o fallo do xurado.
A responsable provincial salientou a mestría coa que o club vigués e o artista C. Tangana “traspasaron fronteiras” convertendo A Oliveira dos Cen Anos na alma do celtismo, sendo quen de recuperar “cunha peza única e irrepetible” a ilusión da afección polo seu centenario.
Segundo dixo, “lograron que cada vigués e cada galego se sentiran parte deste club” trasladando a idea de que a identidade “non só é un obxectivo, senón un anhelo profundo”. Sánchez felicitou o Real Club Celta de Vigo por terse convertido nun “símbolo arraigado nunha cultura, nunha lingua e nunha emoción”.
