A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao Gran Premio Internacional de Judo Trofeo Cidade de Vigo
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao Gran Premio Internacional de Judo Trofeo Cidade de Vigo. “Trátase dunha das probas máis importantes desta disciplina deportiva que se celebran, reunindo, ano tras ano, a máis de 400 deportistas de diferentes autonomías e países”, subliñou Sánchez. Neste eido, a vicepresidenta provincial amosou o compromiso da Deputación de colaborar con probas como este campionato, “que nos referencia e pon en valor que esta provincia ten capacidade para acoller grandes eventos deportivos”.
