FERNÁNDEZ-TAPIAS RECIBE AO TRIPLO MUNDIALISTA DO FSV VIGO CHEVY GUZMÁN AO SEU REGRESO DE ARXENTINA

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe un encontro co triplo mundialista do FSV Vigo Chevy Guzmán ao seu regreso de Arxentina.

A representante autonómica quixo felicitar ao velocista polos éxitos logrados no Campionato do Mundo de Patinaxe celebrado en Bos Aires (World Roller Games Arxentina) ao que agradeceu a súa contribución aos éxitos do deporte vigués.

O deportista vigués de orixe venezolano firmou tres ouros na proba de volta o circuíto na modalidade de patinaxe de velocidade, en 200 metros dual e 100 metros sprint. Ademais, este mesmo ano acadou no Campionato de Europa disputado en Italia a medalla de ouro en 200, 1.000 e vola ao circuíto 100 metros.