FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA GRAN RECOLLIDA SOLIDARIA DO BANCO DE ALIMENTOS EN VIGO
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na Gran Recollida Solidaria organizada polo Banco de Alimentos en Vigo co obxectivo de alcanzar os 300.00 quilos de comida. A representante autonómica acudiu esta mañá a un supermercado da rúa Rosalía de Castro onde axudou como voluntaria á recollida.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos durante 2021. No primeiro trimestre deste 2022 entregou xa 850.000 quilos de alimentos e grazas a distintos convenios de colaboración en vigor con varias cadeas de alimentación, ao longo do ano pasado, evitou que preto de 190.000 quilos de alimentos acabasen no lixo.
Os responsables do Banco de Alimentos agardan superar a cifra alcanzada o ano pasado, que foron 250.000 quilos de comida, o que estarían garantindo o abastecemento de alimentos básicos tanto ao almacén de Lavadores como á nave coa que contan en Pontevedra, polo menos, ata a primavera de 2023.