FERNÁNDEZ-TAPIAS EXPÓN ANTE XÓVENES EMPRENDEDORES VIGUESES AS PRINCIPAIS LIÑAS DE ACCIÓN DA XUNTA EN APOIO ÁS SÚAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS

A delegada territorial en Vigo participou hoxe no afterwork do Círculo de Jóvenes Emprendedores, no que se debateron as necesidades que xorden á hora de impulsar un proxecto empresarial e con que ferramentas contan para a súa posta en marcha
Destacou o compromiso do Goberno galego por situar a Comunidade nun referente neste ámbito pois, dixo, “o emprendemento, a innovación e a empregabilidade son claves na reactivación económica”
En materia residencial, subliñou que unha das prioridades da Administración autonómica para os vindeiros anos, son as medidas dirixidas a favorecer e facilitar a emancipación dos mozos e mozas galegos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo oportunidade hoxe de compartir unha xornada de traballo con xóvenes emprendedores vigueses ante os que expuxo as principais liñas de acción do Executivo autonómico en apoio ás súas iniciativas empresariais.

No transcurso do encontro, no que se debateron as necesidades que xorden á hora de impulsar un proxecto empresarial e con que ferramentas contan para a súa posta en marcha, destacou o compromiso do Goberno galego por situar a Comunidade nun referente neste ámbito pois, dixo, “o emprendemento, a innovación e a empregabilidade son claves na reactivación económica”.

Fernández-Tapias defendeu ante os socios do Círculo de Jóvenes Emprendedores de Vigo que “apostar polo emprendemento é a avogar polo futuro económico de Galicia” e que unha das máximas da Xunta de Galicia é “visibilizar e difundir os seus beneficios como fórmula de éxito”. “Desde as administracións debemos ser capaces de xerar o desexo de emprender, contribuíndo con incentivos, apoios e asesoramento a materializar unha idea, proxecto o negocio”, apuntou, para subliñar que o Executivo autonómico conta cun amplo mapa de recursos para a xuventude con políticas transversais que implican a todos os departamentos.

Con todo, e para reforzar esta decidida aposta, cifrou en 18,2 millóns de euros o investimento que a Xunta destinará en 2023 á nova Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego; unha “nova área estratéxica” que, incidiu, ten como principal cometido o desenvolvemento da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Neste punto referiuse a Polo de Emprendemento das Rías Baixas ao abeiro do que están a emerxer iniciativas empresariais viguesas como VanCubic, que ven de desenvolver un novidoso sistema modular intercambiable para camperizar furgonetas; ou Festa Vigo, unha empresa de organización de eventos.

Asemade, recordou que o vindeiro ano tamén se impulsarán desde o Goberno galego iniciativas de emprendemento de proxectos empresariais en etapas iniciais (con 4 millóns de euros) e se apoiará a expansión doutras xa en marcha (con outros 4 millóns de euros). “Apoiar o emprendemento a nivel empresarial será outra das liñas de traballo, á que se destinará outro millón de euros para nutrir convenios con entidades colaboradoras e universidades”, engadiu.

Fernández-Tapias insistiu en que o apoio ao emprendemento e o traballo autónomo serán dous eixes aos que a Administración autonómica prestará especial atención na súa axenda a través de incentivos e acompañamento na posta en marcha de iniciativas que sitúen as persoas no centro