FERNÁNDEZ-TAPIAS PARTICIPA NA ENTREGA DAS INSIGNIAS DE OURO DO COLEXIO DE AVOGADOS DE VIGO

A delegada territorial de Xunta en Vigo e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participaron este venres na festa anual da avogacía viguesa

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias,  e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participaron este venres na festa anual do Colexio de Avogados de Vigo no que foron homenaxeados quince letrados que cumpren 40 anos en activo. O acto, levado a cabo no Auditorio de Afundación, tamén houbo unha lembranza para os avogados falecidos nos últimos tres anos.