FERNÁNDEZ-TAPIAS FELICITA AOS PRACEIROS POLO “PROFUNDO E RÁPIDO” PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DOS MERCADOS VIGUESES
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, felicitou esta mañá aos praceiros vigueses polo “profundo e rápido” proceso de transformación das prazas de abastos. Nunha visita ao Mercado do Progreso, destacou a importancia destes espazos na vertebración do territorio, así como a súa contribución a dinamización da economía local e ao impulso do comercio de proximidade.