FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA AO PRIMEIRO EQUIPO INFANTIL DO REAL CLUB CELTA COMO “PIONEIROS DA CANTEIRA” VIGUESA DE FÚTBOL

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu este venres a varios dos integrantes do primeiro equipo de categoría infantil que tivo o Real Club Celta. A representante autonómico destacou aos ex futbolistas como “pionieros da canteira” viguesa de fútbol no momento que cumpren o 50 aniversario da súa formación. O Celta dispuxo de categorías inferiores desde principios da década de 1970 e foi en 1972 cando se formou este primeiro equipo infantil.