FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE AO ACTO DE ILUMINACIÓN DA FACHADA DA XUNTA EN VIGO COMO REMATE DO XACOBEO

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores nos actos celebrados no edificio administrativo do Goberno galego da cidade olívica con motivo do remate do Xacobeo. Así, a fachada da Delegación viguesa foi iluminada coa frecha que marca o percorrido do Camiño de Santiago e coa palabra “grazas” en seis idiomas.