FERNÁNDEZ-TAPIAS APOSTA NA APERTURA DO VI FORO “VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR”POLOS DEREITOS DAS PERSOAS MAIORES PARA LEVAR “UNHA VIDA DIGNA E INDEPENDENTE”
A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na inauguración oficial da xornada que analiza a situación actual dos dereitos das persoas maiores e o envellecemento no século XXI.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na apertura do VI Foro “Vivir máis, vivir mellor” que se celebrará na sede de Afundación co obxectivo de reflexionar sobre a situación actual dos dereitos das persoas maiores e o envellecemento no século XXI.
A representante autonómica cualificou as xornadas como “imprescindibles” para abordar asuntos primordiais como a discriminación por razóns de idade, o ámbito laboral, a voz das persoas maiores ou a necesidade da Carta Galega sobre Dereitos Humanos e Bo Trato.
“Contra este estigma debemos loitar todos para conseguir que os maiores poidan exercer o seu dereito para elixir onde e como queren envellecer, sen imposicións, en igualdade e liberdade, con independencia e sempre co respecto que se merecen”, sinalou Fernández Tapias.
O VI Foro “Vivir maís, vivir mellor” abordará algúns dos grandes retos do envellecemento como a nova lonxevidade e como adaptarse a unha vida máis longa. Tamén analizaranse os avances dos dereitos humanos das persoas maiores no ámbito internacional a través da Campaña Global contra o Edadismos da OMS e a Convención Internacional polos dereitos das persoas maiores de Nacións Unidas.
Ademais, a xornada serve para dialogar sobre a discriminación por razón de idade nas mulleres maiores desde un punto de vista social, xurídico e científico, ademais de lanzar o informe de HelpAge 2022 sobre a discriminación por razón de idade no ámbito laboral en España.