Ana Ortiz traslada á Asociación de Amigos de Venezuela en Vigo o apoio do Goberno galego aos emigrantes retornados
A delegada territorial da Xunta mantivo un encontro con Manuel Pérez, representante tamén da Federación Venezolana de Galicia (Fevega)
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza co presidente da Asociación de Amigos de Venezuela e da Federación Venezolana de Galicia (Fevega). A representante autonómica trasladou ao directivo o apoio do Goberno galego aos emigrantes retornados que residen na cidade e no resto da comunidade.
A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia.
