ANA ORTIZ SALIENTA O LABOR DO CENTRO ASPAVI DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, recibiron este martes ao presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi), Juan Carlos Yáñez, para coñecer as actividades e os proxectos que levan a cabo nos seus centros ocupacionais e de día.

A responsable autonómica enxalzou o traballo desta entidade que oferta prazas sufragadas con fondos públicos. Ana Ortiz destacou o labor de Aspavi para dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual no campo ocupacional.