A VICEPRESIDENTA DA DEPUTACIÓN LUISA SÁNCHEZ NA GALA DOS VIGUESES DISTINGUIDOS 2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Teatro Afundación de Vigo á Gala de entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos e Medalla da Cidade 2024. Este ano foron distinguidos polo seu labor no ámbito educativo o IES A Guía, o CEIP Lope de Vega, o colexio Quiñones de León e o proxecto musical Son das Flores do CEIP Vicente Risco.

No apartado deportivo, o Club Baloncesto Seis do Nadal, o Celta Atletismo e o Club Deportivo Coia, e no ámbito cultural, Emiliano Sotelino, a título póstumo, a Coral Polifónica do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Atlántica de Matamá e a escritora María Reimóndez. A cidade tamén recoñeceu o traballo da Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo. Pola súa parte, as Medallas de Ouro foron este ano ao hospital Ribera-Povisa e á Policia Nacional.