Ana Ortiz recibe ao novo director-xerente do Fogar e Clínica San Rafael de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este xoves ao novo director-xerente do fogar e clínica San Rafael, Raúl Torres Insúa. A representante autonómica felicitou ao responsable polo seu nombramento dentro da Orde Hospitalaria San Xoán de Deus. Rául Torres, que estivo acompañado na xuntanza polo director financiero, Eugenio González, sustitúe no cargo a Diego Viñas, que a partir de agora encargarase de coordinar os proxectos de Acción Social da Orde en Castela e León.