ANA ORTIZ PARTICIPA NA PRESENTACIÓN EN VIGO DO GALICIA FORUM GASTRONÓMICO QUE CONTA CO APOIO DA XUNTA
A delegada territorial asistiu xunto a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, na posta de largo do evento que se celebrará entre os días 7 e 9 de abril
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este martes á presentación do Galicia Fórum Gastronómico, que terá lugar entre os días 7 e 9 de abril próximos na Coruña e no que a Xunta terá unha presenza destacada, tanto por parte da Consellería do Medio Rural como pola de Economía, Industria e Innovación, a través de Galicia Calidade.
No acto celebrado no Pazo da Oliva, no que tamén estivo presente a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participaron os chefs Pepe Solla, Xoan Cannas e Javier Olleros. Igualmente, houbo unha ampla representación de cociñeiros do colectivo Vigo Gastronómico que tamén estarán presentes no evento.

