Ana Ortiz destaca o traballo de AVEMPO na atención ás persoas con esclerose múltiple
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes a sede da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) en Bouzas para coñecer o traballo que realizan, o seus programas e as propostas que teñen en marcha.
A representante autonómica destacou o labor que leva a cabo Avempo para que as persoas que padecen esta enfermidade e as súas familias teñan o apoio e a información que necesitan. Ademais, os usuarios desta asociación acceden a unha atención integral a través dos servizos que ofrece, tales como fisioterapia, logopedia, psicoloxía ou terapia ocupacional, entre outros.