Ana Ortiz destaca a festa da Sementeira de Salvaterra pola súa capacidade para “recuperar as tradicións e a cultura”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este domingo na XVI Festa da Sementeira de Salvaterra, onde destacou a capacidade dos organizadores para “recuperar as tradicións e a cultura”. A representante autonómica destacou no día grande da festa o traballo levado a cabo polo Concello de Salvaterra e Asociación Cultural Quinta de Piñeiro. “Sodes os artífices de que aquela iniciativa de hai 16 años sexa agora unha das grandes festas de Salvaterra. Tedes todo o meu recoñecemento porque asumides un labor fundamental, amosar aos máis pequenos o que facían os seus avós”, destacou. A delegada estivo acompañada polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; a alcaldesa, Marta Valcarcel, e o pregoeiro David Perdomo.