Ana Ortiz celebra cos veciños de Teis unha nova edición da súa festa popular na ETEA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, asistiron este sábado á XVII Festa Veciñal de Teis Fest 2024 onde participaron nas actividades organizadas polo colectivo na praza de Armas da ETEA. A representante autonómica celebrou a iniciativa de confraternización dos veciños nunha xornada na que destacou a música con grupo locais e unha comida popular seguida de actividades infantís e para os máis maiores.