ANA ORTIZ ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL DE VIGO CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
A delegada territorial da Xunta presentou este martes a programación para conmemorar o Día do Libro 2026
Visitas guiadas, contacontos, obradoiro de banda deseñada, exposicións, clubs de lectura infantís e para adultos e visitas escolares
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este mércores as actividades programadas pola Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel con motivo do Día do Libro. A representantes autonómica destacou a súa programación, tanto para adultos como para os máis pequenos.
Segundo explicou a representante autonómica, a Biblioteca será o escenario de mostras bibliográficas, tamén de sesións de contacontos e obradoiros. “Nas actividades programadas conta moito o público infantil, posto que os máis pequenos teñen que ser sempre unha prioridade para transmitir o noso patrimonio cultural”, sinalou. Ortiz, que estivo acompañada durante a presentación pola subdirectora da Biblioteca Pública Juan Compañel, Silvia Freiría, apuntou que este mesmo xoves comezarán as actividade.
CONTACONTOS:
Xoves, 23 de abril, ás 17:30 e ás 18:15 h: “Bebec@anta” a cargo de Pablo Díaz.
Bebés de 0 a 3 anos
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.
Sábado, 25 de abril: “Superworm” ás 12:00 h. por Academia Bastón.
Nenos /as de 4 a 12 anos
Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA:
Sábado 25 de abril de 12:15 a 13:45 h.
Impartido por María Vilar. Para maiores de 8 anos. Sala multiusos (2º andar)
VISITAS GUIADAS:
Xoves 23 de abril ás 12.00 e ás 18.00 h.
Para que os usuarios e usuarias, e aquelas persoas que aínda non o son, poidan coñecer todos os espazos e servizos que ofrece a biblioteca.
EXPOSICIÓNS E CENTROS DE INTERESE:
Libros eternos. Literatura infantil inesgotable.
Exposición bibliográfica do 6 de abril ao 4 de maio para conmemorar o Día do libro
Sala infantil. Público familiar
Os metalibros: libros que falan sobre libros.
Exposición bibliográfica do 6 de abril ao 4 de maio
Para conmemorar o Día do libro decidimos recopilar esta serie de obras que navegan entre os libros e a literatura.
Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.
CLUBS DE LECTURA ADULTOS: na sala multiusos (2º andar)
- FRANCÉS: luns 20 de abril de 19.00-20.00 h.
- ITALIANO: martes 21 de abril de 18.45-19.45 h.
- CASTELÁN: mércores 22 de abril de 18.00-19.00 h.
- INGLÉS: mércores 22 de abril de 19.30-20.30 h.
- PORTUGUÉS: xoves 23 de abril de 18:00-19.00 h.
- GALEGO: xoves 23 de abril de 19.15-20.15 h.
- LECTURAS DRAMATIZADAS: venres 24 de abril, de 18.00 a 20.00 h.
- CÓMIC: sábado 25 de abril de 10.00-12.00 h.
CLUBS DE LECTURA INFANTIL E XUVENIL: na sala actividades infantil
- MOCIDADE: venres 24 de abriL de 18.00-19.00 h.
- INFANTIL: venres 17 de abril de 18.00-19.00 h.
VISITAS ESCOLARES
As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. Durante a visita, os escolares visualizan vídeos explicativos da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, pasan polo espazo de exposicións e consulta de libros curiosos, e gozan de contacontos, xogos e actividades didácticas na área infantil. O día 23 de abril recibiremos ós alumnos de 5º de primaria do Colexio San José de la Guía. O día 24 de abril aos alumnos de Infantil (3 anos) do Colexio Carmelitas.

