A xunta local analiza os “excelentes resultados” do Partido Popular nas Eleccións Europeas
A presidenta da xunta directiva, Ana Ortiz, e o presidente provincial, Luis López, destacan o apoio logrado polo partido na cidade e na provincia
O PP de Vigo celebrou este luns a súa xunta local na que analizou os “excelentes resultados” logrados polo Partido Popular na cidade e na provincia nas Eleccións Europeas do pasado 9 de xuño. Na reunión participaron tanto o presidente provincial, Luis López, como a presidenta da xunta directiva local, Ana Ortiz, ademais de diputados autonómicos, concelleiros, altos cargos e militantes da formación.
“As Eleccións Europeas reafirmaran o sentido do voto do pasado mes de febreiro, cando o noso presidente Alfonso Rueda conseguiu o apoio maioritario dos galegos, e volven a indicar unha clara tendencia positiva na cidade, cun incremento de 14 puntos sobre os anteriores comicios europeos”, apuntou Ortiz.
A máxima responsable do partido en Vigo agradeceu a presenza do presidente provincial e destacou o compromiso de Luis López coa cidade, tanto ao frente do partido como da Deputación de Pontevedra. “Os resultados foron excelentes e foi grazas ao traballo de todos, desde o presidente ata o último dos militantes”, indicou.