A XUNTA INVISTE 500.000 EUROS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO IES ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo para coñecer os traballos que comezarán de forma inmediatada para a mellora de eficiencia enerxética do edificio. Durante o percorrido polo centro educativo xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a representante autonómica supervisou os traballos que se van a levar a cabo.
A obra, que ten un prazo de execución aproximado de catro meses, inclúe a renovación de carpinterías exteriores (fiestras e portas) que xa quedaron obsoletas. Os traballos permitirán dispoñer de peches con mellores prestacións, tanto térmicas como acústicas, e no caso do salón de actos incorpora un mecanismo motorizado para a apertura das ventás. Na visita, a delegada tamén coñeceu as iniciativas que leva a cabo o alumnado a través de actuacións como os polos creativos.