A Xunta adxudica 24 vivendas de promoción pública na rúa Canicouva no concello de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial
Destaca o importante esforzo inversor do Executivo autonómico en materia vivenda pública na cidade, superando este ano os 12,5 millóns de euros
Lembra que esta mesma semana a Xunta completou a entrega, no Concello de Vigo, do proxecto de urbanización do ámbito de San Paio de Navia

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), realizou esta mañá o sorteo para adxudicación dun total de 24 vivendas de promoción pública (VPP) de nova construción no concello de Vigo, que actualmente están en proceso de construción na rúa Canicouva, no lugar de Chantada.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, José Manuel González, e a xefa de área provincial do IGVS, María Martínez Allegue, foi a encargada de presidir este sorteo de asignación que se celebrou a porta pechada ante notario, por mor da covid-19, na Delegación Territorial.

As 24 vivendas sorteáronse entre os demandantes que a data de hoxe estaban inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia ou tiveran solicitada a inscrición,

[fusion_table fusion_table_type=»2″ fusion_table_rows=»5″ fusion_table_columns=»3″ hide_on_mobile=»small-visibility,medium-visibility,large-visibility» class=»» id=»» animation_type=»» animation_direction=»left» animation_speed=»0.3″ animation_offset=»»]
NÚMERO DE VIVENDAS NÚMERO DE DORMITORIOS SUPERFICIE ÚTIL APROXIMADA m2
20 3 85,70
1 4 99,65
1 vivenda adaptada para persoas con mobilidade reducida 3 89,35
2 vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida 2 69,00 e 76,80
[/fusion_table]

As vivendas foron adxudicadas en función do número de integrantes da unidade familiar, segundo se indica deseguido.

[fusion_table fusion_table_type=»2″ fusion_table_rows=»» fusion_table_columns=»» hide_on_mobile=»small-visibility,medium-visibility,large-visibility» class=»» id=»» animation_type=»» animation_direction=»left» animation_speed=»0.3″ animation_offset=»»]
TIPO DE VIVENDA NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
3 e 4 dormitorios 3 ou  máis membros
Vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida Sen límite de membros
[/fusion_table]

Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida tiveron preferencia, en primeiro lugar, aquelas persoas que precisan de cadeira de rodas para os seus desprazamentos ou dependen absolutamente de dous bastóns para deambular. En segundo lugar as persoas que teñan acreditada unha enfermidade ou discapacidade permanente e que, polo seu desenvolvemento, poida chegar a impedir desprazarse sen axuda ou que afecten notoriamente á súa mobilidade.

As vivendas adxudicáronse en réxime de alugueiro nos casos nos que os ingresos da unidade familiar non superan 1,5 veces o Iprem e en réxime de compravenda nas unidades con ingresos entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem.

Do sorteo de hoxe saíu a lista dos adxudicatarios iniciais (21 da quenda xeral e 3 para a demanda das vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida) e unha lista de espera de 15 persoas demandantes de vivendas adaptadas e 50 para o resto.

En todo caso, o feito de resultar adxudicatario provisional no sorteo, non determina a condición de adxudicatario definitivo, en tanto non se acredite que se reúnen os requisitos para o acceso ás VPP. No caso de que algún integrante da lista non cumpra os requisitos será excluído desta.

A lista de adxudicatarios provisionais resultante do sorteo publicarase nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do IGVS. Despois da publicación da lista provisional os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de dez días desde a publicación para presentar reclamación ante a Comisión Provincial de Vivenda.

Esforzo inversor con Vigo

O obxectivo desta intervención na que a Xunta está a investir 3,4 millóns de euros, segundo subliñou a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, é o de facilitar o acceso a unha vivenda a todas as familias que precisen axuda a un custe asumible.

Neste contexto, Fernández-Tapias recordou que os orzamentos autonómicos do 2021 apostan por un importante investimento en materia de vivenda pública na cidade. Un total de 12,5 millóns de euros que inclúen, entre outras iniciativas, o impulso da construción de 1.600 vivendas no ámbito residencial de San Paio de Navia, actuación que deu un paso máis esta mesma semana ao completarse a entrega no Concello de Vigo do proxecto de urbanización.