A Xunta acolle a gala de entrega de premios da campaña “Merca no teu comercio 2024”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na gala de entrega de premios da nova campaña “Merca no teu comercio 2024” organizada pola Federación de Comercio de Pontevedra. A representante autonómica asistiu ao acto celebrado no auditorio da Delegación Territorial viguesa, na que participaron os responsables das zonas comerciais da cidade, que ata o 9 de outubro repartiron 50 bonos de 200 euros.


