A VICEPRESIDENTA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARTICIPA NA ENTREGA DE PREMIOS DA SEMANA DO ATLÁNTICO CIDADE DE VIGO

A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias, participou no Real Club Náutico de Vigo na entrega dos premios das regatas das clases Vaurien, 420 e Snipe, que se enmarca na Semana do Atlántico Cidade de Vigo organizada pola entidade. Fernández-Tapias cualificou estas tres fins de semana de competicións, que sumarán ao redor de 600 deportistas, como “un desafío” no que o Náutico está a amosar o seu bo facer, “demostrando que cando se trata de promover grandes citas da vela, esta provincia está moi por riba do nivel esixido”.

A responsable provincial incidiu en que “competicións como as que vivimos nesta Semana do Atlántico reférenciannos a nivel internacional, transcenden o ámbito deportivo e son a mellor promoción para o noso territorio”, para concluir reiterando o firme compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte “como unha das grandes apostas para seguir a facer máis provincia”.