A vicepresidenta Luisa Sánchez saúda aos integrantes da ANPA do CEIP Sárdoma Moledo que participaron no programa provincial “+Convivencia”
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, saudou esta mañá ao grupo de 50 persoas da ANPA do CEIP vigués Sárdoma Moledo que están a participar no programa provincial “+Convivencia”, cunha excursión por Cambados e O Grove. O programa provincial “+Convivencia”, dotado con 220.000 euros, oferta un amplo catálogo de actividades relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.