A VICEPRESIDENTA LUISA SÁNCHEZ PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DE “GRAN BIKEDADA: LEMBRANZAS DUNHA DÉCADA”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, presentou “Gran Bikedada: lembranzas dunha década” no Centro Comercial Vialia. No acto, “nesta primeira semana na que me estreo como vicepresidenta provincial e deputada delegada da área de deportes”, a vicepresidenta felicitou á Gran Bikedada “por estes dez anos pedaleando nun escenario de beleza especial que, ano tras ano, atrae a cada vez máis xente”.

Tamén amosou “a miña disposición con todos vós, coas persoas que facedes que esta provincia sexa sinónimo de deporte” e aproveitou para remarcar a “aposta prioritaria” da Deputación con esta disciplina que “ten unha incidencia estreita na construción de sociedades máis activas e saudables e é un revulsivo turístico de primeira orde”.