A vicepresidenta Luisa Sánchez apoia a carreira “Vigo contra o cancro”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, achegouse este domingo ata o barrio vigués de Coia para apoiar a carreira “Vigo contra o cancro” na Avenida de Castelao. Para Sánchez “estas iniciativas son fundamentais para visibilizarunha enfermidade como é o cancro, con tanta incidencia na nosa sociedade, e poñer o acento na importancia de destinar fondos para a súa investigación”. “Máis pronto que tarde-asegurou a vicepresidenta-atoparemos unha cura para o cancro e, sen dúbida algunha, será grazas ao compromiso de persoas e entidades tan implicadas como a Asociación Española Contra o Cancro”.