A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á graduación do alumnado de Escola de Enxeñería Industrial

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns no Auditorio do Pazo de Congresos Mar de Vigo ao acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. O acto, no que o alumnado xurou o código ético profesional da enxeñaría da rama industrial, contou coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez. En total graduáronse este ano 276 alumnos e alumnas dos/das que 239 son das sete titulacións de Grao (Grao en Enxeñaría Biomédica, Grao en Enxeñaría Eléctrica, Grao en Enxeñaría en Electrónica e Automática, Grao en Enxeñaría Mecánica, Grao en Enxeñaría de Organización Industrial, Grao en Química Industrial e Grao en Tecnoloxías Industriais) e 37 de másteres (Máster en Enxeñaría Industrial, Máster en Enxeñaría Biomédica e Máster en Fabricación Aditiva).