A Deputación instalará unha pantalla xigante en Vigo para seguir a final da Eurocopa que xogará a Selección Española o vindeiro domingo
A Deputación de Pontevedra instalará unha pantalla xigante na cidade de Vigo, concretamente na Praza da Estrela, para seguir a final da Eurocopa que a Selección Española de fútbol xogará en Berlín o vindeiro domingo a partir das 21 horas contra o equipo gañador do enfrontamento entre Inglaterra e Países Baixos.
Esta iniciativa permitirá aos seareiros reunirse para seguir un partido de fútbol do máis alto nivel.